Oríxes

Cidadáns orixínase na plataforma "Cidadáns de Cataluña", impulsada por prestixiosos intelectuais cataláns como Félix de Azúa, Albert Boadella, Francesc de Carreras, Arcadi Espada, Teresa Giménez Barbat, Ana Nuño, Félix Ovejero, Félix Pérez Romera, Xavier Pericay, Ponç Puigdevall, José Vicente Rodríguez Mora, Ferran Toutain, Carlos Trías, Ivan Tubau e Horacio Vázquez Rial. Recollían o sentimento de moitos cidadáns de Cataluña que non se senten representados polos partidos políticos existentes.

O 7 de xuño de 2005 presentouse un Primeiro Manifesto no que xurdiu a necesidade de que a sociedade creara un novo partido político centrado en solucionar os problemas reais dos cidadáns. Este manifesto deuse a coñecer o 21 de xuño de 2005. O éxito da convocatoria confirmou o apoio cidadán. A partir dese momento creouse a plataforma civil co obxectivo de constituír un novo partido político.

O día 4 de marzo de 2006, presentouse o Segundo Manifestode Cidadáns nun ateigado teatro Tívoli de Barcelona, no que unhas mil persoas quedaron sen poder entrar. O 9 de maio, Cidadáns presentouse en Madrid no teatro Reina Victoria co moto de: Cidadanía, Liberdade e Igualdade, Laicismo, Bilingüismo e Constitución.

Os días 8 e 9 de xullo, celebrouse o Congreso Constituínte do Partido, e decidiuse que o seu nome fose Cidadáns - Partido da Cidadanía (Cs). O Partido dotouse dun regulamento e duns órganos de representación: un Consello Xeral como máximo órgano de representación, escollido mediante listas abertas, e un Comité Executivo como órgano de dirección, escollido democraticamente. Albert Rivera foi escollido presidente do partido.

Cidadáns participou por primeira vez nas eleccións autonómicas catalás do 1 de novembro de 2006 cun excelente resultado: 3 deputados arroupados por 90.000 votantes. Por primeira vez na Democracia española, un Partido xurdido dunha plataforma civil conseguiu representación política.

Durante as eleccións municipais de 2007 e as seguintes eleccións autonómicas catalás de 2010, Cs consolidouse co apoio duns 110.000 votantes en Cataluña. O 25 de novembro de 2012, Cs levou unha grande sorpresa cando conseguiu o apoio de máis de 275.000 votantes e 9 deputados no Parlamento de Cataluña.

Tras ese gran éxito e tralas novas propostas de rexeneración, transparencia e loita contra a corrupción realizadas por Cs, orixínase un chamamento dende moitas partes de España demandando a existencia de Cs. A expansión nacional do Partido mostrouse imparable nos seguintes meses.